Thursday 02 de May de 2024

Alternativa insiste no mal estado das marquesiñas de bus


Alternativa insiste na necesidade de mantemento e limpeza das marquesiñas de bus e esixe un compromiso do goberno local nesta causa.

Tras transmitir esta queixa en repetidas ocasións ó goberno municipal, e coa volta ó colexio, Alternativa volve cargar contra a escaseza de mantemento, a falta de limpeza e os ataques vandálicos con pintadas ós que ninguén pon solución.

Por iso, Alternativa solicita que o goberno municipal comprométase á correcta conservación das marquesiñas, dando prioridade ás de uso escolar, e garanta o bo estado das que son de propiedade municipal, máis no caso de pertencer a outras administracións, que se esixa á competente.